![]() ![]() |
Sistema de localización de Flotas e Xestión de Emerxencias. Localización e Seguimento en tempo real, Cálculo de rutas óptimas, Control de Rutas en tempo e distancia, Identificación de condutores, Comunicación de datos entre flota e Centro de Control. Sistemas Embarcados para navegación individual, ou integrada co centro de control (planificación de rutas, seguimento,...). Localización de terminais convencionais (WMobile, Symbian, Blackberry). Servizo nas modalidades Integral ou ASP (Web). |
![]() ![]() |
Sistema Intelixente de Monitorización de Alertas Persoais. A través da Empresa TECNOCOID, a Plataforma SIMAP ofrece Servizo de Localización de Persoas, tanto colectivos especialmente vulnerables (persoas maiores, vítimas de violencia de xénero, deterioro cognitivo), como aqueles que traballan en contornos críticos (forzas de seguridade, extinción de incendios). Actualmente SIMAP ofrece servizo de localización a nivel nacional a persoas co mal de alzheimer, en colaboración coa Cruz Vermella Española e Vodafone. |
![]() ![]() |
Solución Integral de Seguimento de Persoas e Recursos en Interiores. Trazabilidade de movemento de persoas ou recursos en edificios. |
![]() ![]() |
Sistema Intelixente Anti-xeo para Seguridade Vial e Meteoroloxía en Estradas. Predición meteorolóxica con información do risco de aparición de xeo na calzada, Prevención actuando con sistemas de aspersión de fundente, Xestión en centro de control mediante interface tipo SCADA. Integración de Meteoroloxía e Sensorización de Lufft, Sistema de comunicacións co protocolo DGT. |
![]() |
Sistema de Administración Virtual para Administracións Públicas Locais. Modelo de Xestión Municipal baseado na interacción entre o Cidadán e a Administración. Sistema de autenticación para identificación de usuarios externos (cidadáns) e internos (persoal do Concello) mediante o uso de certificados dixitais recoñecidos (FNMT e DNI electrónico). Posibilidade pola parte do cidadán de solicitar certificados, obter duplicados, solicitar servizos (Padrón, subvencións, urbanismo, inscrición en diferentes rexistros, licencias, matrículas,...) e coñecer o seu estado. O persoal interno pode xestionar os trámites dos cidadáns, modificar o seu estado ou envialos a outro departamento, acceder ao histórico de cambios, enviar mensaxes internas e axuntar comentarios ou arquivos para outros funcionarios. Explotación do sistema en modalidade ASP, garantindo ao cliente a confidencialidade e integridade da información, así como a calidade do servizo. |
![]() ![]() |
Sistema de Monitorización e Control de Dependencias Críticas. Das características específicas do entorno dun Centro de Procesos de Datos (CPD), é vital poder monitorizar en tempo real aqueles datos que afectan directamente ao redemento e seguridade do centro. A temperatura, humidade relativa, fluxo de aire acondicionado, valores eléctricos do cadro principal, monitorización de UPS, estado do grupo electróxeno, control de accesos, videovixilancia e telecontrol, son algúns deles. SIMODEC permite consultar o estado do centro en tempo real a través dunha interface gráfico con vista na planta, onde se representan os parámetros e ubicación exacta dos sensores instalados con estatísticas, informes de medias de valores recollidos, auditorías, etc. |
![]() ![]() |
Plataforma Loxística en Internet. Xestión de pedidos, Agrupamento de pedidos de diferentes provedores, Pasarela de pago, Seguimento do pedido, Rexeitamento do pedido, Xestión de devolucións e Xestión de comisións e pago a provedores. |
