Creada en 1996,
LEVEL TELECOM materializou os seus proxectos en todo tipo de sectores e entidades, ofrecendo os mellores profesionais, e colaborando activamente con destacadas Empresas tecnolóxicas. A súa actividade céntrase no desenvolvemento de solucións de valor para
Administracións Públicas e
Empresas Multi-Sector: Transporte, Industria, Turismo, Seguridade Vial, Socio-Sanitario, Agricultura, Medioambiente e Telecomunicacións. O noso obxectivo é proporcionar aos nosos clientes ferramentas e servizos tecnolóxicos, que permitan unha mellora da súa produtividade, calidade e servizo final.
O capital humano, o capital intelectual e o capital relacional, son os principais activos da Compañía, conxuntamente co
I+D+i, onde a Empresa apostou fortemente dende os seus inicios, destinando unha media dun 13% da súa facturación anual a esta actividade.
A nosa Matriz de Valor
“Os alicerces que forman o noso logo, coas súas cores, soportan as principais áreas de traballo da Compañía, nestas desenvólvense as Solucións e Produtos, que conforman as liñas de negocio, as cales se impregnan cos valores de Capacidade, Compromiso, Confianza e Calidade, proxectándoas a diferentes sectores e mercados“.