1.- LEVEL TELECOM desprega unha Rede Agroclimática de 30 estacións para a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O Proxecto, enmarcado nun Programa de Cooperación Interrexional – INTERREG -, consiste na integración das 30 estacións de Galicia con 28 estacións do Norte de Portugal, dotando un sistema de comunicacións GPRS e un centro de control e supervisión de rede. 2.- LEVEL TELECOM desprega unha Rede Agroclimática de 36 estacións para a Consejería de Agricultura y Ganadería de la Junta de Castilla y León. O Proxecto consiste na integración das estacións cun sistema de comunicacións GPRS e cun centro de control e supervisión de rede. 3.- LEVEL TELECOM subministra a Vodafone 1.000 Equipos de Localización Persoal BEN G1, para o proxecto SIMAP de Localización de Persoas con alzheimer, a nivel nacional, e xestionado por Cruz Roja Española. 4.- LEVEL TELECOM implanta o Software de Xestión, tipo SCADA, para o Sistema Anti-Xeo RapitFix no Viaduto de Torrent del Martí (provincia de Barcelona) na Autovía A2. 5.- O Sistema de Localización de Flotas SIRVE de LEVEL TELECOM alcanza os 2000 vehículos entre flotas de autobuses, extinción de incendios, vehículos de inspección medioambiental, vehículos de control veterinario e diferentes flotas sectoriais, tanto na súa versión integral como en ASP. 6.- LEVEL TELECOM implanta o seu Sistema de Administración Virtual AdVir en 8 Concellos galegos. A plataforma cumpre coa Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos. |
